Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Seguen baixando os casos activos de covid pero aumentan os hospitalizados

Por 6 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Seguen baixando os casos activos de covid pero aumentan os hospitalizadosVolven descender unha xornada máis os casos activos de coronavirus na provincia, 41 menos que onte e xa son 788. Este dato vén condicionado coma sempre polos 29 novos positivos (onte houbo 39) e polas 70 altas das últimas 24 horas (onte foron 67). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.455 e 5.534 curados.

Na parte máis negativa hai que sumar dous novos falecidos, dous residentes do centro de maiores de Vilalba, polo que xa son 132 as persoas que perderon a vida pola covid-19 dende que comezou a pandemia en marzo.

Volve crecer a hospitalización con 5 persoas máis ingresadas. Segue só unha persoa na UCI do Hula mentres que soben os ingresados neste centro onde xa son 26 (4 máis). Tamén hai un máis na Mariña (2 ingresados) e seguen os mesmos 3 enfermos no de Monforte.

Na Mariña non hai ningún concello en máxima alerta nin con restricións específicas.

Por concellos, Burela, sumou outro positivo e xa son 13 mentres Cervo chega xa a 10 tras varias xornadas estabilizado. Foz, pola contra, segue a baixar e xa son 16 os casos novos detectados en quince días (tres menos que onte).