Skip to main content
ActualidadeAlfoz

Alfoz organiza diversas actividades para os nenos este Nadal

Por 18 Decembro, 2020Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

Alfoz organiza diversas actividades para os nenos para o NadalO Concello de Alfoz organiza diversas actividades para os nenos e as nenas durante as datas de Nadal.

Este sábado, 19 de decembro, ás 19.00 horas no salón de actos da casa da cultura terá lugar unha representación de monicreques con O Apalpador e a nena sen medo, da Xanela do Maxín.

O domingo 20 ás 19.00 horas no salón de actos da casa da cultura representarase A viaxe do señor López, de Producións Teatrais e a entrada será gratuíta.

Xa o día 28 de decembro desenvolveranse actividades variadas para nenos de 3 a 12 anos, en horario de 10.30 a 13.00 horas, dentro do programa Nadal na Biblioteca.

E por último o martes 29 e o mércores 30 de 17 a 19 horas haberá dinosaurios e un misterio que resolver na Biblioteca. Para participar é necesario inscribirse antes do inicio.