Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Arrinca hoxe en Ribadeo o Mercadiño de Nadal de Ribadeo

Por 19 Decembro, 2020Sin comentarios

Arrinca hoxe en Ribadeo o Mercadiño de NadalHoxe da comezo o Mercadiño de Nadal na contorna da praza de abastos. Conta con 14 postos nos que se poderán atopar produtos de alimentación, artesanía, decoración de Nadal ou cerámica, entre outros. Estará aberto ata o 5 de xaneiro e haberá un amplo programa de actuacións musicais, teatrais e de maxia durante estas datas.

Nesta ocasión será un Mercadiño do Nadal máis reducido, aínda que máis estendido no tempo, dende o 19 de decembro ata o 5 de xaneiro, no que 14 expositores, artesáns, creadoras e produtoras tanto de Ribadeo como da zona, na súa maioría, nos mostrarán o seu traballo na contorna da praza de abastos.

Este mercado de Nadal terá un horario, polas mañás, de doce ata as dúas da tarde, e dende as cinco ata as nove e media aproximadamente, agás os días 24 e 31 de decembro, que vai pechar un pouquiño antes, sobre as oito, e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro que abrirá a partir das seis da tarde. 

RESTO DO PROGRAMA

Dende o Concello sinalan que “tamén deseñamos, por parte do Concello, un amplo programa de actuacións tanto musicais, teatrais, de maxia e de títeres para todas as idades e sempre tendo presentes as limitacións sanitarias e sociais que condicionan enormemente este tipo de eventos. Comezando o 19 poderemos desfrutar de concertos itinerantes polas rúas de Ribadeo, en horarios aproximados ás doce da mañá e ás seis da tarde, en diferentes días do Nadal, a cargo do grupo da Escola Municipal de Música e Danza, outros grupos musicais como Grupo Moreda, Viajeros del Swig e Bregadiers. Tamén teremos actuacións teatrais a cargo de Mamá Cabra, Mercromina Títeres e Palimoco Teatro, circo para os máis pequenos no parque de San Francisco e no auditorio, a actuación do Mago Teto e o tradicional concerto Aquí como en Viena ofrecido pola Banda Municipal de Ribadeo, nesta ocasión en dous pases os días 26 e 27 de decembro no auditorio”.

O concelleiro de Desenvolvemento Local subliñou que “este ano, como novidade, mentres dure o Mercadiño, contaremos cunha casetiña máxica, pensada para os máis pequenos da casa, e alí as nenas e os nenos de Ribadeo poderán depositar no buzón real as súas cartas para Melchor, Gaspar e Baltasar e prometemos poñer todo o noso esforzo en facérllelas chegar ás súas maxestades. Para coñecer máis en detalle a programación das actividades de Nadal en Ribadeo, recomendo consultar a web turismo.ribadeo.gal ou seguir ao Concello nas redes sociais”.