Skip to main content
ActualidadeRibadeo

O festival de nadal da EMMeD de Ribadeo será virtual este ano

Por 20 Decembro, 2020Sin comentarios

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo terá un mes de decembro intenso en canto a actividades a pesar da situación sanitaria actual.

Durante o Mercadiño de Nadal, que organiza o Concello de Ribadeo, varias agrupacións da EMMeD farán micro concertos en diferentes puntos da vila, ambientando así o propio Mercado e o comercio e hostalería ribadenses. Iso ocorreu os días 19 e 20 de decembro e continuará os días 26 e 27 de decembro.

Por outra banda, na EMMeD decidiuse, por precaución e dadas as restricións actuais de aforo, non celebrar o tradicional Festival de Nadal.  A sabendas de que este festival xunto co de fin de curso son os que máis éxito teñen tanto entre o alumnado coma entre o público, o 22 de decembro vaise publicar, tanto na páxina web da EMMeD coma nas redes sociais, un “festival virtual”, que diferentes especialidades gravaron ao longo destas semanas.

Desde a Escola “queremos agradecer a toda a comunidade educativa o comportamento exemplar no centro, cumprindo estritamente todas as normas indicadas nos protocolos. Así mesmo, resaltar unha vez máis, o apoio incondicional que desde a Concellaría de Ensino se brinda á EMMeD”.