Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXAViveiro

Os novos contaxios duplícanse en Viveiro

Por 20 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo, tras un pequeniño repunte, hoxe volve á senda do control do virus e suma en dous días 30 casos activos menos e así xa son 371 tras sumar 26 novos positivos nas últimas 24 horas e 90 altas en dous días (onte foron 28). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.781 e 6.267 curados. Ademais, segue a haber 141 vítimas mortais dende que comezou a pandemia aínda que dous veciños de Lugo morreron en hospitais doutras áreas e non computan en Lugo.

A hospitalización volve reducirse en termos xerais con 6 persoas na UCI (igual que hai dous días) e 13 en planta (4 menos). Destes 9 seguen no Hula (3 menos), 3 na Mariña e 1 en Monforte (un menos que hai dous días).

Por concellos, a situación volve a ser preocupante en Viveiro, donde xa son 41 os casos activos detectados en catorce días, preto do dobre que hai dous días (25 casos). Malia estes dactos actualmente hai activos 27. A situacion vén provocada por un pequeno gromo familiar con diversificación noutros concellos.

Tamén Xove pasa de novo dos dez casos na última quincena e xa son 11 e Burela, mantense en 14 contaxios neste mesmo período.

Pola contra, Cervo, O Vicedo, Lourenzá, Riotorto, Mondoñedo e Ourol non tiveron ningún positivo na última quincena e o resto están por debaixo de 10.