Skip to main content
A PontenovaActualidade

Recollen esta tarde na Pontenova doazóns de sangue

Por 21 Decembro, 2020Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará esta tarde no Concello da Pontenova, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 16.30 e as 21.00 horas na praza dos Fornos.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.