Skip to main content
ActualidadeCervo

A Fervenza de Sargadelos organiza unha festa infantil o 24

Por 21 Decembro, 2020Sin comentarios

A Fervenza de Sargadelos organiza unha festa infantil o 24A asociación Fervenza de Sargadelos celebrará o día 24 unha festa de Noiteboa infantil que se desenvolverá no auditorio da casa do concello a partir das 17.00  horas.

A festa contará coa actuación de Pedro Brandariz, que contará Contos e outras andrómenas a partir das 17.00  horas, servindo de quencemento para a chegada de Papá Noel, que recibirá aos pequenos a partir das 18.30 horas.