Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Viveiro, Xove e Burela seguen sumando casos de covid

Por 21 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Viveiro, Xove e Burela seguen sumando casos de covidA provincia de Lugo descende de novo no seu número de casos activos aínda que nesta ocasión de forma anecdótica xa que só baixa dous casos dende onte ata os 369. Este número vén condicionado polos tras sumar 17 novos positivos nas últimas 24 horas (onte foron 26) e 19 altas. Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.798 e 6.286 curados. Ademais, segue a haber 141 vítimas mortais dende que comezou a pandemia aínda que dous veciños de Lugo morreron en hospitais doutras áreas e non computan en Lugo.

A hospitalización estabilízase con 6 persoas na UCI (igual que nos últimos días) e 14 en planta (1 máis). Destes, 10 hai no Hula (1 máis), 3 na Mariña e 1 en Monforte (os mesmos de onte nos dous casos).

Por concellos, a situación segue a ser preocupante en Viveiro, donde xa son 44 os casos activos detectados en catorce días, preto do dobre que hai dous días (25 casos) e 4 máis que onte. A situacion vén provocada por un pequeno gromo familiar con diversificación noutros concellos.

Tamén Xove segue subindo e xa son 13 (2 máís que onte) os casos detectados tamén nun gromo familiar. Burela, sobe dous máis e xa son 16 contaxios neste mesmo período.

Pola contra, O Vicedo, Lourenzá, Riotorto, Mondoñedo e Ourol non tiveron ningún positivo na última quincena e o resto están por debaixo de 10.