Skip to main content
ActualidadeLourenzá

Xa hai postal gañadora no concurso de Lourenzá

Por 21 Decembro, 2020Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

Xa hai postal gañadora no concurso de LourenzáO premio do concurso de postais convocado polo Concello de Lourenzá será entregado este mércores, día 23, e o domingo 27 haberá un concerto da Banda de Música de Foz na igrexa de San Adriano.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “foi elixida a postal que vai empregar como felicitación de Nadal, que é a gañadora do concurso convocado polo Concello de Lourenzá, cuxa autora é Sara Terrón, de 10 anos. O premio, que consiste en 100 euros e trofeo, será entregado este mércores, día 23, ás 17 horas, durante a visita de Papá Noel ao concello”.