O vindeiro mércores 30 de decembro o Concello de Viveiro encherase de maxia, baile e circo grazas ao espectáculo Chop! da compañía Teatro ao Cubo.
A obra infantil representarase no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 12.00 horas. Para acudir será necesario reservar as entradas mediante o número de telefono: 982560162 ou no correo electrónico rgb.cultura@viveiro.es.