Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

Da comezo en Mondoñedo Pequenadal 2020

Por 27 Decembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo contará estas festas co Pequenadal, unha iniciativa que acollerá a Casa da Xuventude na que se celebrarán diferentes actividades coma obradoiros ou sesións de cine. O luns 28 de decembro os máis pequenos e pequenas poderán participar na actividade A nosa carta para os Reis Magos, con dúas quendas, o primeiro irá dirixido aos nenos e nenas de 4 e 5 anos en horario de 16.00 a 17.00, e o segundo para os de entre 6 a 8, de 17.30 a 18.30. Os días 29 e 30 de decembro celebraranse os Obradoiros de Nadal , que terán tres quendas: o primeiro de 11.00 a 12.30 para cativos e cativas de 6 e 7 anos, o segundo de 16.00 a 17.30 para os/as de 8 e 9, e a terceira quenda dende as 18.00 ás 19.30 para os/as de 10 a 12 anos. O sábado 2 e o domingo 3 de xaneiro ás 18.00 celebraranse dúas sesións de cine para todos os públicos, nas que se proxectarán as películas Mister Link: El origen perdido e El lince perdido. Para as actividades é necesario inscribirse previamente no número de teléfono 982 524 003 de 8:00 a 15:00 horas ata o 24 de decembro, e para as sesión de cine ata o 31 de decembro.