Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXAXove

Organizan unha xornada de iniciación á orientación en Xove

Por 26 Decembro, 2020Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

A Asociación Cultural-Deportiva Xove organiza a actividade Iniciación á Orientación, que se celebrará o vindeiro domingo 27 de decembro no Monte San Roque de Viveiro. A xornada, enfocada para nenos e nenas de educación Primaria, desenvolverase en tres quendas.

Unha primeira quenda en horario de 10.00 a 12.00 para os pequenos e pequenas de 5º e 6º, outra dende as 12.00 ás 14.00 horas para os/as de 3º e 4º e, pola tarde, entre ás 16.00 e as 18.00 horas para os cativos e cativas de 1º e 2º de Primaria. As inscripcións faranse dende a paxina web da ACD Xove: www.acdxove.com.

A asociación tamén ten previsto organizar outra actividade de orientación enfocada para alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato para o vindeiro 3 de Xaneiro. Aqueles rapaces e rapazas interesadas poden empezar xa a inscribirse na web.