Skip to main content
ActualidadeAlfozDeportes AMARIÑAXA

O CD Alfoz decide non inscribirse esta tempada na Primeira Autonómica

Por 28 Decembro, 2020Sin comentarios

Despois de que a Federación Galega de Fútbol anunciara que pretende que as competicións autonómicas arrinquen dende o mes de febreiro, o Clube Deportivo Alfoz manifestou mediante un comunicado que non se inscribirá na Liga de Primeira autonómica  nesta tempada.

Sendo conscientes de que poden perder a categoría, a directiva manifestou “non ver viable a competición debido a actual situación de emerxencia sanitaria” e non ve “coherente” o marco que impón a Federación para competir.

Para explicar a decisión tomada aos socios o club celebrou unha asamblea extraordinaria na que so asistentes, socios e xogadores, respaldaron a decisión cunha “resposta unánime”.

“Todos coincidiron na responsabilidade social que as cidadás e cidadáns debemos exercer nesta crise sanitaria. As ganas de volver ao terreo de xogo son moitas pero nunha situación segura para todas e todos nós”, explicaron.

O Alfoz ademais manifestou “o noso descontento” ante un posible descenso pero aceptan “as consecuencias da responsabilidade e compromiso social”, engadiron.

Anunciaron tamén que esta tempada non se cobrará a cota de socio e aos patrocinadores.