Skip to main content
ActualidadeAlfoz

A biblioteca de Alfoz acollerá actividades de Nadal

Por 26 Decembro, 2020Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

Os nenos e nenas de entre 3 a 12 anos do Concello de Alfoz poderán gozar este Nadal de moitas actividades organizadas na Biblioteca Municipal. O primeiro obradoiro será Nadal na biblioteca, o luns 28 de decembro, de 10.30 a 13.00 horas, e o segundo será  Dinosaurios na biblioteca, o martes 29 de 17.00 a 19.00.

Por último o mércores 30 en horario de 17.00 a 19.00 celebrarase Detectives na biblioteca. Todas as sesións serán de balde e a inscrición realizarase antes de dar comezo á actividade.

Para máis información pódese contactar coa organización mediante o número de teléfono: 982 558 001.