Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXABurelaDeportes AMARIÑAXA

O Memorial Heroes do Orzán 2020 contará cun seminario web mañá

Por 28 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O Memorial Heroes do Orzán 2020 contará cun seminario web mañáA Fundación Imdecum despedirá 2020 cun cartel de luxo para o Memorial Heroes do Orzán 2020. Baixo o lema da base á elite, un seminario web reunirá mañá martes, 29 de decembro, ás 16.15 horas, a 10 xogadores de Primeira e Segunda División de Fútbol Sala que disfrutaron do torneo mariñán nas categorías de base.

Inscrición aberta a través de Zoom

A Primeira División estará representada por Renato Lopes, Nito e Pitero, do Pescados Rubén Burela FS, Hélder, do Parrulo Ferrol FS, Raúl Jiménez, de Levante UD FS, J. Mínguez, de Aspil Jumpers Ribera Navarra, e Alvarito, de Besoccer CD UMA Antequera. Chicho e Guille, de Leganés FS, e Manu Cebrián, de Soliss Fútbol Sala Talavera, falarán da súa experiencia en Segunda. 

A cita, que contará co xornalista deportivo Iván Díaz Rolle como moderador, lembrará o Memorial na honra do policía burelao Rodrigo Maseda Lozano,  xunto aos seus compañeiros Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez, a través de dúas escolas habituais na historia do torneo. Nas categorías de base de Pescados Rubén Burela FS medraron Renato, Nito, Pitero e Hélder. Defendendo a elástica de UD Las Rozas Boadilla gozaron do memorial e da Mariña Raúl Jiménez, J. Mínguez, Alvarito, Chicho, Guille e Manu Cebrián.

Datas para 2021

A pandemia non permitiu que A Mariña e os centos de pequenas promesas do fútbol sala que se achegan ata a bisbarra dende 2012 disfrutaran no mes de xuño da novena edición do Memorial. No entanto, a organización xa está traballando para retomar o IX Memorial Heroes do Orzán, co seu formato en estado puro, entre o 23 e o 27 de xuño de 2021. O mellor fútbol sala base volverá dar espectáculo ao longo da Mariña, nun evento que se converteu en toda unha referencia nas axendas de escolas e clubs de toda España. A Deputación de Lugo e os concellos de Burela, Foz, Cervo, Xove e Viveiro colaboran na iniciativa da Fundacion, que supón un revulsivo para o turismo da campaña no inicio da campaña estival.