Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Preocupa a situación de Viveiro, Xove e Ribadeo

Por 28 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Preocupa a situación de Viveiro, Xove e RibadeoA provincia recupera de novo o senda do crecemento do virus na mesma semana que comeza a campaña de vacinación, que terá nos maiores o núcleo para a súa posta en marcha.

Deste xeito, este luns o balance provincial establece 397 casos activos, 23 máis que hai 24 horas. Este valor vén dado polos novos postivos, que aumentan de novo ata 41 nunha xornada (onte foron 7). Quedan así un total de 6.993 persoas afectadas pola covid-19 dende a orixe da enfermidade no mes de marzo, e 6.449 curados.

O número de falecidos mantense en 145, trala morte este sábado dunha usuaria da residencia de Trabada.

A presión hospitalaria segue controlada. Os centros sanitarios albergan a un total de 14 pacientes, un máis  que o domingo. En concreto, tres  permanecen na UCI (unha menos) e once en unidades de hospitalización: 5 no Hula, 5 no Hospital da Mariña (dous máis) e un no Hospital de Monforte. Lugo e Monforte manteñen as cifras sen variacións.

A situación na Mariña continúa a ser preocupante en Viveiro e Xove principalmente, con 58 e 40 casos respectivamente. Neste último Concello o gromo está vinculado a núcleos familiares e algún caso aislado. A situación preocupa e non se descarta que o comité clínico decida mudar estes concellos a situación de alerta.

Outro Concello onde preocupa o avance da covid-19 é Ribadeo, onde chegaron aos 19 casos acumulados en 15 días, orixinados por un pequeno gromo no Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro, onde se confirmaron 8 novos positivos por covid-19. En total son 14 as persoas afectadas polo gromo detectado a pasada semana, 13 usuarios que foron trasladados á residencia do Cegadi en Santiago e unha relixiosa que segue en estrito confinamento en Ribadeo.

Os trece residentes, que se atopan en Compostela, manteñen uns niveis leves de sintomatoloxía.

Tamén se detectou un caso na de Trabada pero están á espera dos resultados que ofreza o cribado realizado estes días pola Deputación. Tamén Burela, con 13 casos, mantense estable.

Hoxe, só Lourenzá segue sen casos novos de covid na última quincena na Mariña.