Skip to main content
Cervo

O Concello de Cervo inicia hoxe as súas actividades do Nadal 2020

Por 28 Decembro, 2020Decembro 18th, 2023Sin comentarios

O servizo de Xuventude do Concello de Cervo organiza este Nadal diferentes actividades para dar luz a este final de 2020.  Hoxe mesmo proxectarase no Auditorio da Casa da Cultura a película Bajo la misma estrella ás 19.30 horas. A sesión, para maiores de 7 anos, abrirá a súas portas media hora antes e o aforo será limitado.

O martes 29 de decembro organízase unha actividade de Lásertag para nenos e nenas maiores de 12 anos. Celebrarase no Pavillón da Veiga dende ás 16.00 ás 20.00 horas en grupos de seis persoas.

Para acudir será necesario inscribirse previamente chamando ao número de teléfono 691 656 600. O 30 de decembro pecharanse as actividades cun scaperoom para maiores de 12 anos. Realizarase tamén en horario de 16.00 a 20.00 no pavillón da Veiga e en grupos de seis persoas. A reserva das prazas deberase facer mediante o número anteriormente citado.