Skip to main content
ActualidadeRiotorto

A Apalpadora contará lendas mañá en Riotorto

Por 28 Decembro, 2020Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

A Deputación de Lugo e máis o Concello de Riotorto organizan o martes 29 de decembro a visita da Apalpadora no Centro Sociocultural. Na actuación, programada para as 18.00 horas, a filla do mítico Apalpador contará aos espectadores e espectadoras “como é a vida na alta montaña e as súas marabillosas lendas”.

Ademais, para facer partícipe ao público, amosará “froitos que recolle durante todo o ano e agasallos que fabrica ela mesma”. Non faltará a música neste acto, posto que a protagonista do espectáculo virá acompañada do seu irmán músico “para mergullarse con cancións na súa misteriosa historia” onde o respecto pola natureza e a vida rural cobran especial relevancia.