Skip to main content
ActualidadeLourenzá

Lourenzá aprobou as bases para as subvencións a asociacións

Por 1 Decembro, 2020Sin comentarios

Na última xunta de Goberno do Concello de Lourenzá aprobáronse as bases para a convocatoria de subvencións a asociacións do municipio para a realización de actividades culturais durante o ano 2021.

O orzamento total destas axudas ascende a 6.000 euros e concederanse polo procedemento de concorrencia competitiva e poderán optar ás mesmas aquelas asociacións que realicen programas ou actividades culturais de carácter puntual ou permanente, que sexan consideradas de interese sociocultural para o Concello de Lourenzá e estean dirixidas a toda a poboación en xeral.

As bases serán publicadas proximamente na web do Concello e o prazo para presentar as solicitudes será de vinte días naturais a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia