Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña estrea nova web e directiva

Por 1 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña estrea nova web e directivaA través da creación de mandos intermedios que coordinarán os distintos dispositivos da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña afonda no seu compromiso por garantir a mellor atención posible ás persoas con problemas de saúde mental e ás súas familias.

Este cambio organizativo vén acompañado doutros importantes acontecementos para a entidade como a renovación do concerto do Sergas de 75 prazas para os seus centros e a estrea da nova páxina web da asociación, www.adaoemam.es.

Esta web contará con información actualizada e de utilidade sobre o traballo que realizan dende a asociación.

Os novos responsables de cada un dos dispositivos espallados pola comarca mariñá son Sonia Nogueiras como directora C.R.P.L. e Piso Protexido de Burela; Vanesa Pernas como directora C.R.P.L. Ribadeo e Lucía Méndez como directora Unidade Residencial de Cervo.

Así mesmo, continuarán coa tarefa de coordinación das vivendas, tal e como o viñan facendo nos últimos anos con Vanesa García en vivenda para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental; e Manuel Boullosa en pisos protexidos.

Todos eles seguirán liderados pola directora técnica xeral, María José Nóvoa, que deposita a súa confianza nun equipo de alta capacitación profesional e persoal, involucrado sempre no servizo ó colectivo.

Ademais, quere aproveitar para agradecer o compromiso de todo o persoal da entidade polo esforzo demostrado durante estos últimos meses de pandemia, onde “a súa profesionalidade levounos a vivir esta situación dende a empatía, o compromiso, o entusiasmo e o sorriso permanente, estando ó servizo dos usuarios e as súas familias coma sempre o fixeron e, ó mesmo tempo, como nunca”.