Skip to main content
ActualidadeBurelaDeportes AMARIÑAXA

Primeira semifinal da Copa da Raíña entre o Burela FS e o Alcorcón

Por 2 Decembro, 2020Sin comentarios

Primeira semifinal de Copa da Raíña entre o Burela FS e o AlcorcónO Pescados Rubén Burela FS regresará a Málaga para revivir na final four da II Copa da Raíña (18-20 de decembro) a finalísima de liga. As Guerreiras Laranxas saltarán outra vez ao Martín Carpena para medirse de novo ao AD Alcorcón, na primeira semifinal, repetindo o escenario e o rival do 28 de xuño, cando as mariñás se alzaron co trofeo 2019-20. Así o deu a coñecer esta mañá a RFEF no sorteo celebrado na Cidade do Fútbol de Las Rozas.

Defendendo o título de Burela 2019, o conxunto laranxa inaugurará a fase final o venres 18 ás 14.00 horas, fronte ao subcampión de liga. Poio Pescamar e UA Alicante (16.00 horas) pelexarán polo segundo billete para a gran cita do domingo.

“Esperamos esta final four con moita ilusión. Coa situación que estamos a vivir temos que aproveitar esta oportunidade que se nos presenta, poder gozar da loita por un título” confesaba Julio Delgado, tras coñecer os enfrontamentos, coas alfareiras como rivais: “Volvemos vernos os finalistas de liga. Sabiamos que calquera ía ser un rival difícil. Temos que poñelo todo e preparalo ao máximo para poder estar na final” reflexionaba o técnico burelista.

Venres 18 de decembro, Semifinais en Teledeporte
14.00 horas: Pescados Rubén Burela FS- AD Alcorcón FSF
16.00 horas: Poio Pescamar FSF- UA Alicante

O Martín Carpena tamén será testemuña da final four da Copa do Rei, coas semifinais o sábado: Real Betis Futsal-Barça (14.00 horas) e Jaén Paraíso Interior-Industrias Santa Coloma (16.00 horas).