Skip to main content
ActualidadeLourenzá

Lourenzá adxudica a obra de mellora para arranxar dous camiños

Por 4 Decembro, 2020Sin comentarios

Estos días, o Concello de Lourenzá vén de adxudicar a obra de mellora de vías municipais para arranxar dous camiños, o da ingrexa de Santo Adrao a Chacote e o camiño a Liñares que discurren polas parroquias de San Adriano e Santo Tomé.

Os traballos consisten na limpeza de ambos os dous fochos, recheo localizado segundo tramos e fallas no firme existente e o posterior aglomerado en quente de toda a vía. O importe da adxudicación ascende a un total de 110.611 euros e financiase con cargo ao Plan Único 2020 da Deputación de Lugo.

Esta actuación contribúe a seguir mellorando a calidade das infraestucturas do rural, dos camiños e das vias polas que a diario pasan os veciños.