Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Remata a primeira xornada do xuízo sobre o ERE de Alcoa

Por 3 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Hoxe celebrouse o xuízo sobre o despedimento colectivo exposto por Alcoa e que afectaría a 524 traballadores da planta de aluminio primario de San Cibrao.

Así, reuníronse ás 9.15 horas na Coruña nun acto de conciliación que terminou pouco antes das 10.00 e sen acordo, segundo informou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan.

Na sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, os avogados de Alcoa defenderon que a aplicación do ERE é inevitable “porque a planta leva tres anos perdendo diñeiro e de feito, está a vender por baixo dos custos de produción”. Aseguran, que “concorren problemas económicos como o prezo da enerxía xa que o megawattio hora debería custar 35 euros e está a 58, e as materias primas que condenan á planta a non ser competitiva”, seguiron dicindo.

Nese sentido, os avogados culparon ao Goberno de incumprir as súas promesas de abaratar a electricidade e lembraron que o estatuto do consumidor electrointensivo leva dous anos de atraso.

A empresa asegurou que o ERE non implicará o peche da planta porque manteranse 99 empregos e a parte da fundición activa. Pero sí se pararían as cubas de electrolisis, unha medida coa que as perdas se reducirían un 70 %.

Os letrados da empresa estadounidense recalcaron o esforzo realizado para tentar vender a planta ao grupo Liberty, como lle esixiron os traballadores, a Xunta e o Ministerio de Industria.

Así mesmo, oss sindicatos CCOO, UXT e CIG presentaron unha demanda na que alegan “mala fe” durante as negociacións do expediente e acúsana de rexeitar unha oferta de compra por parte de Liberty.

Pola súa banda, os avogados de Alcoa contestaron dicindo que os representantes dos traballadores “tentaron boicotear as negociacións do ERE para forzar a venda, algo que atenta contra a liberdade de empresa”, aseguraron. E avanzaron que impugnarán a participación tanto a Xunta como o Ministerio de Industria.

O avogado do Estado cargou contra a compañía acusandoa de resstructurar a factoría por motivos estratéxicos non de mercado, e que fixo todo o posible por aparentar que non quería facer despedimentos, así como, que durante as conversacións con Liberty non deron pasos adiante.

O letrado da Xunta, pola súa banda, dixo que o ERE debe ser declarado nulo porque Alcoa non negociou de verdade, só en aparencia, non entregou toda a documentación requirida e actuou de mala fe.