Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Considerable descenso de casos positivos de covid na provincia

Por 8 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo rexitrou hoxe un importante descenso de casos activos de coronavirus, son 147 menos que onte o que supón un total de  624. Este dato vén condicionado coma sempre polos 16 novos positivos (onte houbo 28) e polas 162 altas das últimas 24 horas (onte foron 45). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.502 e 5.741 curados.

Son datos importante para o control desta segunda vaga que está a ser moito máis difícil e controlar que a primeira e que ten un elevado índice de mortalidade. O de hoxe é o número de novos positivos máis baixo de todo o mes e axuda moito as 162 altas.

Na parte máis negativa hai que sumar tres novos falecidos da residencia de Vilalba, un home (que faleceu no Hula) e dúas mulleres polo que xa son 136 as persoas que perderon a vida pola covid-19 dende que comezou a pandemia en marzo.

Mellora así mesmo a hospitalización con seis persoas menos ingresadas. A UCI do Hula recibiu unha nova persoa e xa son dúas as ingresadas en coidados intensivos. Na planta do hospital de Lugo rebaixan os ingresados a 17 (7 menos). Tamén hai un menos na da Mariña (2 ingresados) pero sube un o de Monforte, onde hai 4 enfermos.

Por concellos, Burela queda fóra da zona de atención con menos de dez casos novos nos últimos 14 días mentres que Foz está xa en 13, tres menos que onte.

Pola contra, O Vicedo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, O Valadouro e Ourol non tiveron ningún positivo na última quincena.