Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

Xa hai gañadores do V Concurso de Fotografía O Mellor Recuncho de Mondoñedo

Por 9 Decembro, 2020Sin comentarios

V Concurso de Fotografía O Mellor Recuncho de MondoñedoO xurado do V Concurso de Fotografía O Mellor Recuncho de Mondoñedo fixo público o seu fallo. Na reunión analizáronse as 27 fotos presentadas ao concurso.

Tralo debate do xurado, escolleronse os tres primeiro premios. Así, o 1º premio acadouno María Sol Piñeiro Requeijo, o 2º Marcos Candia Cuba e o 3ª foi para Lucía López.

Así mesmo elixíronse 10 fotos máis, por orde de valoración, que xunto coas tres premiadas conformarán as imaxes do calendario do Concello de Mondoñedo do ano 2021.