Skip to main content
ActualidadeXove

Segue aberto o prazo para solicitar árbores froiteiras en Xove

Por 9 Decembro, 2020Sin comentarios

Segue aberto o prazo para solicitar árbores froiteiras en XoveDende o Concello de Xove informan que segue aberto o prazo para solicitar árbores froiteiras, árbores forestais autóctonas e plantas ornamentais.

Xa dende o pasado 3 de novembro e ata o 30 de decembro se pode formalizar o pedido destas especies en horario de oficina no Departamento de Agricultura.

Este ano como novidade calquera propietario dunha parcela no noso termo municipal, veciño ou non de Xove, pode solicitar estas árbores forestais autóctonas para repoboar fincas afectadas polas faixas de protección de incendios que rodean os núcleos rurais e as vivendas illadas.

Xove, como Concello con moita superficie a solo forestal, ten unha afectación maior que outros  Concellos e, por este motivo, amparándonos na Lei 7/2012 de Montes e a Lei 3/2007de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia para que o risco no caso de lumes sexa mínimo e se atopen máis protexidas as vivendas e os núcleos rurais, moitas parcelas se ven afectadas. Deste xeito damos a oportunidade a todo propietario que teña que cortar poida solicitar árbores autóctonas para repoboar de xeito ecónomico e cercano.

A importancia de plantar árbores autóctonas ven dada porque unha vez retiradas as especies prohibidas nesas faixas de protección, que deberán estar limpas, acónsellase repoboar estas especies (castiñeiros, carballos do país, cerdeiras, nogueiras…) de xeito que se diversifica o habitat, se beneficia a fauna e se xenera estabilidade ao ecosistema.