Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

A provincia continúa co descenso de casos covid

Por 10 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo volve mellorar unha semana máis e segue rebaixando casos activos con 15 menos que onte (onte foron 18) o que supón un total de 591. Este dato vén condicionado coma sempre polos 16 novos positivos (onte houbo 31) e polas 35 altas das últimas 24 horas (onte foron 47). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.552 e 5.823 curados.

Continúan polo tanto baixando os casos pero nos niveis dos últimos días, agás o mércores no que se deron numerosas altas o que fixo que baixaran de súpeto os casos activos. De todos os xeitos, os novos positivos empezan a diminuír moito aínda que nesta xornda as altas foran menos que nos últimos tempos.

Tamén continúa estable na provincia o número de falecidos en 137 mentres que faleceu nas Pontes, con cargo ás cifras da súa área sanitaria un veciño de 88 anos.

A hospitalización suma un ingresado máis e faino na UCI, onde están xa catro persoas. Mentres, na planta do hospital de Lugo baixan os ingresados a 19 (2 menos). No da Mariña xa son 4 os ingresados (dous máis que onte) a mesma cantidade que hai en Monforte.

Por concellos, ningún dos da Mariña chega aos dez casos novos nos últimos 14 días segundo os datos do Sergas, tras a baixada dos últimos días de Burela e Foz. Ademáis, O Vicedo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro e Ourol non tiveron ningún positivo na última quincena.