Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Acisa recolleu e entregou máis de 1.000 quilos de alimentos a Cáritas Ribadeo

Por 11 Decembro, 2020Sin comentarios

Acisa recolleu e entregou máis de 1.000 quilos de alimentos a Cáritas RibadeoAcisa recolleu e entregou máis de 1.000 quilos de alimentos a Cáritas Ribadeo, que irán destinados á súa campaña de Nadal. Foron uns 40 establecementos asociados o que participaron nesta iniciativa solidaria, que se desenvolveu desde o 13 de novembro ao 9 de decembro.
Desde Acisa aseguran estar moi contentos co resultado “e de como se envorcaron os ribadenses para que a ninguén lle falta comida na súa mesa durante as próximas festas do Nadal”.

Acisa lembra que “todo isto xurdiu dunha iniciativa de varios negocios da rúa Ramón González, á que Acisa uniuse e fixo extensiva a todos os seus asociados e asociadas, co fin de colaborar masivamente”. Desde a asociación destacan que “o resultado mereceu a pena, xa que entre os 40 socios e socias de Acisa que decidiron participar nesta recollida solidaria, recolléronse máis de 1.000 quilos de alimentos como legumes, pastas, galletas, leite, conservas, azucre ou fariña, entre outros”.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo ten palabras de agradecemento para Cáritas “por deixarnos colaborar nesta iniciativa solidaria. Queremos dar as grazas aos máis de 40 negocios asociados a Acisa que se habilitaron como puntos de recollida e que tamén doaron alimentos. E grazas tamén ao persoal que no día de onte axudounos coa recollida”.

Desde Acisa esperan que “todos os ribadenses pasen un nadal o mellor posible e con moita responsabilidade e concienciación para poder empezar o 2021 libres de covid. E agardamos que esta chama de solidariedade mantéñase viva nos próximos meses para que ninguén pase necesidade en Ribadeo”.