Skip to main content
ActualidadeBurela

Cascanueces feitos a man decoran a porta do Concello de Burela

Por 11 Decembro, 2020Sin comentarios

polo artista local Martín LestaoCascanueces feitos a man polo artista local Martín Lestao, decoran a porta do Concello de Burela. Alí permanecerán durante as mañás e no Nadal visitarán a praza da Mariña para que as nenas e os nenos os poidan ver e fotografarse con eles.

O alcalde burelés, Alfredo Llano, explicou que “Martín Lestao deseñou estes Cascanueces para a porta do seu fogar, pero ao ver o resultado final propúxonos a súa adquisición para ornamentar a entrada ao Concello. Ao equipo de goberno pareceunos unha boa colaboración cun artista local da nosa vila e tamén porque neste ano tan duro e complicado e nun Nadal que vai a ser diferente a todos os demais, é importante alegrar e animar a nosa vila”.

O rexedor dixo que “estas figuras serán un atractivo máis para que nenos e adultos poidan fotografarse con eles”.

Martín Lestao é un artista local, que preside a asociación da alfombra Burela Floral, un dos colectivos impulsores da mensaxe de ánimo á cidadanía da vila para que se decoren as ventás e as terrazas das súas casas con luces e adornos e así crear un grande ambiente de Nadal ao longo das vindeiras semanas.

Llano anunciou que “o Concello programará algunhas actuacións musicais co obxectivo de dinamizar o comercio nestas datas e para encher de alegría as rúas da nosa vila durante o Nadal. É necesario darlle vida ao noso pobo e que isto axude a animar o consumo na hostalería e as compra no comercio local de Burela”.