Skip to main content
ActualidadeO Vicedo

O Vicedo pide que Abanca abra a súa oficina noutro día para sustituír os festivos de Nadal

Por 12 Decembro, 2020Sin comentarios

O voceiro do grupo municipal socialista no Concello do Vicedo, Vicente Parapar, vén de comunicar que a oficina de Abanca situada no Vicedo permanecerá pechada 21 días.

Esta situación débese a que devantida oficina tan só abre os venres, e como consecuencia das vindeiras datas festivas o día 25 de decembro, día de Nadal, é venres e o 1 de xaneiro de 2021, día de Aninovo, tamén é venres, a oficina estará pechada.

Con esta situación as persoas xubiladas non poderán cobrar a sua pensión ata o día 8 de xaneiro, os empresarios e autónomos non poderán realizar ningunha operación ata o día 8, e ningún veciño do Vicedo poderá dispoñer dos seus cartos ata ese día.

“Como portavoz do grupo municipal socialista acabo de poñerme en contacto co alcalde para que, desde o Concello, se fagan as xestións oportunas para que esas dúas semanas a oficina de Abanca no Vicedo abra outro día hábil”, dixo Parapar.