Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXARiotorto

O Riotorto FC xa ten listo o equipo para a tempada

Por 14 Decembro, 2020Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

O Riotorto FC xa ten listo o equipo para a tempadaO Riotorto FC xa ten deseñado o plantel co que xogarán esta tempada á espera de que se inicie tralo parón orixinado polo coronavirus por parte da Federación Galega de Fútbol.

Así, este ano renovaron Juanmi, Manu Roca, Isaac, Fran Pastor, Chisco, Coedo, Manu Carreira, Samuel, Ferreirós, Suso, Pablo Vivero e Michi e producíronse catro incorporacións. A máis destacada é a chegada de Jadri á dirección técnica do equipo procedente do Folgueiro. Tamén se incorporan no campo Carlitos e Ibai, ambos os dous procedentes do Pol e Álex Paz  que deixa o Foz polo cadro local.

Ademais, producíronse varias baixas. Así os adestradores Roberto e Fidalgo marchan para o Lourenzá e o Castro, respectivamente. Ao Pol marchan Dani Roca, Parapar e Pablo Ruiz. Tamén ao veciño equipo de Meira marchan Lourido, Álex e Alberte; mentres Borja fichou polo Abadín CF e Tejeda polo CD Corgo.

Ademais, o club puxo á venda as máscaras rotuladas co logo. Hainas en vermello, negro e azul mariño e véndense a dez euros unidade e 15 euros dúas.