Skip to main content
ActualidadeViveiro

Comeza a campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro

Por 14 Decembro, 2020Sin comentarios

O sábado 12 de decembro comeza a campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro. A asociación de comerciantes un ano mais segue a apostar pola decoración das rúas para dar un ambiente o máis Navideño posible e que luzan espectaculares.

As rúas respiran aire de Nadal ca decoración de abetos naturais colocados nas entradas dos comercios, que cada un adornará votando man da imaxinación. Abetos que despois da campaña navideña prepáranse para seren replantados no Monte San Roque, dando máis vida a estes árbores. A atmosfera navideña tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano.

Para premiar a fidelidade dos clientes que ano tras ano confían e apostan polo comercio local para facer as súas compras sortearanse 3.000€ en premios. Os dias 17, 18 e 19 de Decembro poranse en xogo a “Ruleta do Nadal”, que este ano debido á situación que vivimos será de xeito virtual. Acadar un premio é moi sinxelo, cas compras de mínimo 20€ nos negocios asociados entregarase un ticket cun código qr a través do cal acceder á ruleta de nadal e poder gañar un premio directo. Os premios van desde cestas de Nadal, xamóns, packs doces, bonos para sesións de beleza e benestar, entradas dobres para o cine e vales por valor de 20€.

Dende o día 21 ata o 24, en colaboración có Concello de Viveiro,  instalarase na entrada do Teatro Pastor Diaz  “O buzón de Papá Noel” onde estára un elfo que recollerá as cartas dos nenos e nenas. Os pais e nais poderán empregar a app web www.ospasosdoelfo.com para facer unha gymkana con xogos en familia que os irán conducindo polo municipio ata chegar ao Elfo.

O CCHV tamén formará parte da campaña “Este Nadal o comercio da provincia de Lugo máis preto de ti” da man da Deputación de Lugo e a Federación de Comercio provincial, onde se porán en xogo 10.000€ en tarxetas regalo. A forma de participar é moi sinxela, basta con sacar unha foto ó tícket de compra e subila á web www.lugonadal.com Con cada tícket unha posibilidade de gañar algunha das 20 tarxetas prepago de 300€ e 200€, e os tickets son válidos dende o 6 de decembro ó 6 de xaneiro.

Neste mes de decembro os negocios abrirán as súas portas en algúns días festivos para que os clientes poidan realizar as súas compras navideñas no comercio local, sen ter necesidade de desprazarse. As aperturas serán os domingos 20 de decembro, e o domingo 3 de Xaneiro.

Este ano queremos mimar cada agasallo que se merque no comercio local polo que se repartirán entre os negocios asociados, 10.000 bolsas de papel, pegatinas e lazo personalizado do CCHV, un packagin para preparar os agasallos de Nadal e que o comercio local marque a diferencia.