Skip to main content
ActualidadeTrabada

O Concello de Trabada fará un reparto de composteiros

Por 14 Decembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Trabada fará un reparto de composteirosCoa finalidade de continuar coa implantación da compostaxe doméstica para conseguir unha diminución  dos biorresiduos xerados no fogar, o Concello de Trabada fará un reparto de 30 novos composteiros solicitados a Sogama.

Poderán solicitalo as veciñas e veciños que posúan unha vivenda unifamiliar ubicada no concello de Trabada pero fóra do casco urbano, xa que no casco urbano se está implantando o quinto contedor.

O prazo de solicitude dos mesmos será ata o 4 de xaneiro do 2021 segundo orde de entrada no Rexistro Municipal.

A solicitude estará a súa disposición nas oficinas municipais do Concello e na sede electrónica.