Skip to main content
ActualidadeCervo

O Concello de Cervo anima a revitalizar as súas fincas coa plantación de árbores

Por 15 Decembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar no pedido conxunto de árbores froiteiras que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente, que dirixe Mali Méndez, “co obxectivo de revitalizar as fincas, para que sexan cada vez máis produtivas”.

Méndez recorda que os impresos estarán a disposición das persoas interesadas ata o 20 de xaneiro no Rexistro do Concello de Cervo.