Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

Mondoñedo acolle as III Xornadas de charlas de sostenibilidade na rehabilitación

Por 15 Decembro, 2020Sin comentarios
A Asociación Batitales en colaboración co Concello de Mondoñedo, Saltamontes, Nenea e Universidad Rey Juan Carlos acolle as III Xornadas de charlas de sostenibilidade na rehabilitación, que será o sábado 19 de decembro de 17 a 20 horas.

Serán por vía telemática e nelas intervirán Paul Van der Mel ás 17.00 horas coa charla Introdución á xornada. Arquitectura e escola ao aire libre. Acto seguido será Katia Óso Kortekaas falará sobre A educación na natureza, un modelo pedagóxico saudable e sostible; e ás 18.30 horas Bibiana Marful Castañal exporá Da escola rural á educación na natureza: Nenea, medrar creando.