Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

O vigués Miguel Cavadas, gañador do Díaz Jácome de Mondoñedo

Por 16 Decembro, 2020Sin comentarios

Miguel Cavadas Docampo, natural de Vigo, foi o gañador do certame de poesía Díaz Jácome de Mondoñedo coa súa obra Adagio. O segundo galardonador foi Quico Valeiras, do Carballiño, coa súa obra Catro notas arredor desta caixa para despois, e xa o terceiro premio recaeu Adrián Maceda, do Saviñao, é o autor da obra que leva o terceiro premio, Cinco anticipacións a un corazón caído.

Cavadas recibirá un agasallo en metálico de 1.500 euros, placa e diploma, o segundo galardonado recibirá un premio dotado con 600 euros, placa e diploma e o terceiro 300 euros, placa e diploma.

A entrega dos premios realizarase o vindeiro sábado día 19 no auditorio municipal Pascual Veiga ás 12.00 horas.