Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXAXove

Bos resultados na penúltima Tirada de Bolos de Xove

Por 16 Decembro, 2020Sin comentarios

Bos resultados na penúltima Tirada de Bolos de XoveA IX Tirada de Bolos de Xove celebrada o sábado 12 de decembro, foi a penúltima deste ano dado que o campionato son 18 tiradas en total e acaban de pasar o ecuador do mesmo.

Así, na liga Senior Masculina, foi unha tirada atípica onde unha boa parte dos favoritos non puntuaron ou puntuaron baixo. O vixente campión Miguel López sigue de líder, consolidando este liderato cunha tempada moi regular, puntuando prácticamente en todas as tiradas e sempre en posicións de cabeza; segundo está Óscar Meitín que se está mostrando moi sólido no seu xogo, iso sí, cunha menor continuidade, alternando grandes tiradas con tiradas onde non consigue puntuar, o que lle pasou en tres delas; e no terceiro posto está Arturo Vigo, algo descolgado da cabeza xa que leva dúas semanas sen puntuar.

Xa por detrás atópanse Jordi Meitín e Francisco Pérez, ambos con 47 puntos, e Rafael González con 37, este último xa bastante descolgado porque está a cáse 30 puntos do liderato.

En definitiva, a falta de 9 tiradas para concluir o campionato, Miguel López e Óscar Pérez son os principais favoritos para o triunfo final, aínda que isto pode dar un volco, e non sería a primeira vez que pasa.

No que respecta a liga Senior Feminina, foi a segunda victoria de Concepción Piñeiro que a aúpa á cuarta posición da táboa, en detrimento de Carmen Roca. Polo demáis, Julia López sigue con paso firme para renovar título, a pesar de non estar entonada estas dúas últimas semanas, sumado a que non se atopa no seu mellor estado físico. Os 20 puntos que as separan de Belén Meitín deberían ser suficientes para non ter problemas durante a segunda volta do campionato.

Á terna de perseguidoras formada por Belén Meitín, Carmen Roca e Salomé Bermúdez sumouse este ano Concepción Piñeiro, quen subiu un escalón na súa participación e está desplegando o mellor xogo que se lle viu dende hai anos.

No tocante a liga Sub 16, foi unha nova victora de Xenxo Salgueiro, a cuarta consecutiva, quen con 52 puntos aumenta a 13 a súa vantaxe sobre Christian Cociña. Se as primeiras posicións parecen estar claras, para a segunda volta do campionato haberá unha forte competencia entre Iker Cociña con 23 puntos e Jordi Cancelos pola terceira praza; nesta pelexa entre Iker e Jordi vai estar unha boa parte da emoción no que queda de tempada.

A próxima tirada vai ter lugar no centro social de Sumoas o sábado 19 de decembro.