Skip to main content
ActualidadeRiotortoSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Organizan unha ruta de catro horas por Riotorto o domingo

Por 12 Decembro, 2020Sin comentarios

A Asociación de Veciños da Ferrería e Lugo Aventura organizan este domingo, 13 de decembro, unha visita a Riotorto que se desenvolverá a partir das 10.00 horas e constará de catro horas de ruta nas que se inclúe o xantar. Ten un prezo de 50 euros por persoa e o único requisito para participar é ser de Riotorto.

Hai dispoñibles 12 prazas e a inscrición é necesaria e farase por orde de chegada. O interesados en apuntarse poden facelos nos teléfonos 982 103 310 e 628 893 884 ou no correo info@lugoaventura.com.

O obxectivo desta iniciativa é experimentar e gozar da natureza.