Skip to main content
AbadínActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O Pleno de Abadín rexeitas as mocións socialistas para o amaño de camiños e axudas de autónomos

Por 3 Decembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Abadín celebrou o pleno ordinario de novembro, no que se trataton varios trámites administrativos e dúas mocións do partido socialista, que foron rexeitadas polos votos en contra do PP.

Na primeira moción, solicitábase o desbroce de camiños, pistas así como o seu mantemento ao que o Goberno local, repostou que non, “que non existe ningunha queixa veciñal e que se está a facer un correcto mantemento e desbroce dos camiños con medios propios e externos”, explican os socialistas.

O PP tamén rexeitou a proposta de establecer unha liña de axudas a autónomos. O PSOE lamentou se desta decisión e fixo referencia a unha entrevista neste medio onde Rancaño manifestou que sí habería axudas.

De feito o alcalde de Abadín, José María López Rancaño, anunciara xa no mes de xuño axudas no Concello para os autónomos “que complementen as que está a prestar a Xunta de Galicia e o Estado para os afectos pola crise do coronavirus”. O rexidor explicou naquel momento que estaban vendo o sistema de axudas para que podan cubrir as necesidades do maior número de persoas e indicou “que os autónomos contan dende sempre coa gratuidade de taxas”.

Para os socialistas, “trátase dunha proposta con moito sentido común ante a actual crise económica derivada da covid-19”. Engaden tamén que “criticamos que o PP votase que non as nosas propostas levadas a Pleno sen prácticamente agardar a ler as nosas propostas, sen deixarnos repostar e coa mesma prepotencia de sempre de cando algo non lle interesa suspende o Pleno”.