Skip to main content

Remata na Pastoriza o obradoiro O CastroOnte rematou en Castroverde o obradoiro de emprego O Castro, no que 20 persoas desempregadas da comarca recibiron formación en materia forestal ao tempo que realizaron traballos en espazos públicos dos municipios participantes.

Os representante dos concellos da Pastoriza, Pol, Castroverde, Riotorto e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixeron entrega dos diplomas acreditativos.

En cada un destes municipios traballaron catro alumnos do obradoiro durante o último ano. Neste sentido, cómpre lembrar que o proxecto superou en máis dun terzo a duración e o orzamento inicialmente previsto para compensar o período en que a actividade estivo suspendida por mor da situación sanitaria.

O alumnado formouse en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, e traballaron en bosques, pistas forestais e camiños. No Concello da Pastoriza realizaron tratamentos silvícolas e de repoboación do Monte Mudia.

Os obradoiros son programas mixtos de formación e emprego adaptados ás peculiaridades e características dos mercados de traballo locais, e neste sentido reciben un tratamento prioritario os orientados ás especialidades forestais, seguridade e ambiente, e tamén relativos á construción, instalación e mantemento de infraestruturas de prevención e extinción.