Skip to main content
PortomarínUncategorized @gl

Recollida de plásticos agrícolas en Portomarín

Por 1 Decembro, 2020Xaneiro 31st, 2021Sin comentarios

O Concello de Portomarín vén de anunciar que mañá, día 2 de decembro a partires das 9.00 horas, levará a cabo unha recollida de plásticos agrícolas no municipio.

Os puntos de recollida homologados serán o propio punto limpo municipal e as cooperativas Caxigo e Vilaxuste.

Desde o Concello lembran que queda totalmente prohibido depositar os plásticos na Pedra, O Carrasqueiro, Acebedo, Alto do Hospital, Castromaior, Acovadela ou en calquera outra ubicación do municipio. Explican, neste senso, que “todas aquelas persoas que depositen os plásticos agrícolas nestes sitios non homologados están perxudicando o medio ambiente do noso concello”. Lembran ademais que esas persoas se expoñen a seren sancionadas.