Skip to main content
Foz

Foz recibe unha achega para a mellora de camiños en Fazouro e San Martiño

Por 29 Xaneiro, 2021Xaneiro 31st, 2021Sin comentarios

A Deputación de Lugo colaborará co Concello de Foz no acondicionamento e mellora de camiños nas parroquias de Fazouro e San Martiño.

Os traballos a desenvolver céntranse na escavación e perfilado das cunetas e na reposición de pasos canadenses, por un importe de 13.926,32 euros dos cales 13.230 euros son aportados pola entidade provincial, e os restantes polo propio Concello de Foz.

Francisco Xavier Fanego, primeiro tenente de alcalde, indicou que “se trata de melloras moi necesarias e demandadas pola veciñanza xa que evitarán as acumulacións de auga  que se veñen producindo nalgúns puntos deses camiños, especialmente no barrio de Forxán, en San Martiño”

Segundo se establece no convenio, as obras deberán executarse antes de finais de xuño.