Axenda Caducada

O Concello de Riotorto reparte composteiros

Por 26 Xaneiro, 2021Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O Concello de Riotorto inicia o reparto de composteiros no marco do programa Xuntos pola compostaxe que financian a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional co fin de reducir a fracción orgánica dos residuos.

As persoas interesadas en recibir nos seus domicilios estes composteiros, de 400 litros de capacidade, poden anotarse nas oficinas municipais ou no teléfono 982 346 222 ata o vindeiro 23 de xaneiro, facilitando os seus datos persoais. Para participar pídese como único requisito dispor dun espazo de horta ou xardín de 50 metros cadrados e comprometerse a facer un uso responsable do composteiro.

Os Concellos de Riotorto, Meira, Pol, Ribeira de Piquín e A Pontenova forman parte tamén deste programa ambiental, pensado para a participación de preto de 1.000 veciños, que ademais de recibir de xeito totalmente gratuíto os correspondentes medios materiais para a elaboración de compost recibirán formación na materia e asesoramento continuado durante o proceso.