Skip to main content
Axenda Caducada

Castroverde convoca un concurso virtual de Entroido

Por 28 Xaneiro, 2021Setembro 10th, 2021Sin comentarios

O Concello de Castroverde convocou un concurso de disfraces virtual co obxecto de manter a celebración do Entroido no municipio a pesares das medidas e restricións adoptadas para frear a propagación da covid-19.

As persoas interesadas en participar neste certame deben gravar nas casas un vídeo, de máximo 2 minutos de duración, coa actuación ou desfile. Hai un concurso infantil (con participantes de ata 16 anos) e outro de adultos, cada un coas respectivas categorías individual, por parellas e en grupo.

A gravación deberá facerse chegar ao Concello de Castroverde xunto ao correspondente folleto de inscrición que se pode descargar na súa páxina web oficial. Esta documentación pode entregarse de xeito presencial nas oficinas municipais ou enviala ao correo electrónico info@concellodecastroverde.com, chamando logo para confirmar a súa recepción, neste último caso.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de febreiro. A partir desa data, un xurado formado por traballadores do Concello de Castroverde valorarán as gravacións recibidas en cada unha das categorías, atendendo de xeito especial a criterios como a orixinalidade, a simpatía, o traballo realizado e a posta en escea.

O Concello repartirá 1.800 euros en premios, que deberán gastarse en establecementos do municipio ata o 19 de marzo.