Skip to main content
A Fonsagrada

Suspendida a Feira do Butelo da Fonsagrada

Por 28 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada acordou suspender a Feira do Butelo que se celebra tradicionalmente no mes de febreiro no municipio, debido ás actuais medidas e restricións adoptadas para frear a propagación da pandemia da covid-19.

A Feira do Butelo da Fonsagrada, unha das citas gastronómicas máis asentadas na comarca, acadaría este ano a súa edición número 24. Este sería ademais o terceiro ano da celebración co recoñecemento como festa de interese turístico galego.