Skip to main content
Lugo

A USC celebra o día 29 en Lugo a festividade do Santo Tomé de Aquino

Por 24 Xaneiro, 2021Sin comentarios

A USC celebrará a festividade de Santo Tomé de Aquino, patrón das universidades, o vindeiro venres día 29 no marco dunha cerimonia que se desenvolverá a partir das 12.00 horas na Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo.

O reitor Antonio López Díaz presidirá esta celebración, na que a profesora Paloma Fisac ofrecerá o relatorio ‘O dereito da información e a liberdade de expresión nun Estado de Dereito’.

O acto institucional terá unha presencialidade reducida debido ás actuais obrigas e recomendacións ditadas polas autoridades sanitarias por mor da pandemia, o que imposibilita facer un convite aberto a toda a comunidade universitaria e ao resto da sociedade civil como acontecía en anos anteriores.