Skip to main content
Lugo

Ciudadanos insta ao Goberno local a solicitar máis recursos para acelerar a vacinación contra a covid-19

Por 26 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O grupo municipal de Ciudadanos en Lugo vén de rexistrar unha proposición de urxencia para que o Concello inste ao Goberno de España e á Xunta a acelerar o proceso de inmunización como solución á crise sociosanitaria derivada da pandemia da covid-19. «Desde as Administracións locais débese facer todo o posible para transmitir tanto ao Goberno de España como á Xunta de Galicia a realidade da rúa e a necesidade de poñer todos os recursos, tanto humanos, loxísticos como económicos, para acelerar o proceso de vacinación», apuntou a súa voceira, Olga Louzao.

Louzao lembra que ata o momento se administraron en España algo máis dun millón de doses, o que supón que ao redor do 3% da poboación recibiu o soro. «A falta de información e rendición de contas por parte do Ministerio de Sanidade é incomprensible, e máis si temos en conta o incremento constante dos casos de contaxios e falecidos en todo o conxunto do territorio. Necesitamos un mellor plan de vacinación nacional urxente, coordinado con todas as Comunidades Autónomas para unificar os esforzos e acelerar o proceso de vacinación para poder vacinar nesta primeira etapa a todos os grupos de risco, incluíndo o persoal sanitario e socio-sanitario como colectivos máis sensibles e expostos debido á atención directa aos pacientes con covid-19», engade.

Ciudadanos xa solicitou a comparecencia no Congreso do Ministro de Sanidade para aportar a máxima claridade á situación real na que se atopa España respecto ao plan de vacinación. «Aínda por riba, déronse comportamentos políticos moi graves como os que presenciamos recentemente por parte do conselleiro e funcionarios da Consellería de Saúde de Murcia, así como os de diferentes alcaldes (de distintas cores políticas) e membros de equipos de goberno de diferentes territorios, sendo estes vacinados fronte á Covid-19 saltándose completamente o protocolo do Ministerio de Sanidade», sinalou Louzao.

Conductas intolerables

«Non só se trata dun comportamento totalmente irresponsable e lonxe de toda ética, senón que, a consecuencia directa de que estas persoas utilicen vacinas nun momento de absoluta escaseza, implica que nestes momentos haxa persoal sanitario en contacto diario co virus ou doentes crónicos e colectivos de risco que se atopan sen saír das súas casas por medo a contaxio mentres esperan a súa quenda para ser vacinados que se quedaron sen recibir unha das doses que lles corresponden de acordo co protocolo, por iso é necesario realizar unha declaración institucional desde o Concello de Lugo para censurar este tipo de prácticas e mellorar o ritmo de inmunización», concluíu a concelleira da formación laranxa.