Skip to main content
Lugo

Respaldo unánime do pleno de Lugo á creación dun fondo para a hostalería

Por 28 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O pleno do Concello de Lugo debateu hoxe dous mocións de apoio á creación dun fondo de axuda á hostalería galega no que participaran concellos, Deputación e Xunta. Unha delas, a presentada polo PSOE e o BNG, aprobouse por unanimidade, mentras que a proposta polo PP foi rexeitada.

Tendo en conta o acordo previo entre Xunta, deputacións e Fegamp, o debate xirou ao redor da cantidade de diñeiro que debía aportar cada administración e quenes serían os encargados de xestionar os fondos. Sobre a primeira cuestión, os populares defendían os 75 millóns de euros que ofreceu o Goberno autonómico, mentras que o equipo de goberno local decantábase pola fórmula do 1 por cento do presuposto de cada administración.