Skip to main content
Lugo

Gustavo Casasola, novo xefe territorial de Economía

Por 29 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Javier Arias e Gustavo Casasola

Gustavo José Casasola de Cabo tomou posesión esta mañá como novo xefe territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta en Lugo. Este nomeamento prodúcese logo da redistribución de competencias que deu lugar á creación de novos departamentos autonómicos. Pilar Fernández continúa como xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade.

Casasola é enxeñeiro técnico de minas e conta cun máster universitario en Enxeñería mineira e recursos enerxéticos. Accedeu á función pública no ano 2016 e na actualidade desempeñaba o seu labor na xefatura de Economía, en concreto no Servizo de Enerxía e Minas de Lugo. Previamente traballou na empresa privada como xefe de obra, de planificación ou de seguridade e hixiene de distintas firmas.