Skip to main content
As Nogais

Alarma polo lume nun cableado nas Nogais

Por 3 Xaneiro, 2021Xaneiro 31st, 2021Sin comentarios

O lume nun cableado da fachada dun edificio provocou este sábado a alarma no concello das Nogais.

O percance rexistrouse uns minutos despois das tres da tarde na rúa Rosalía de Castro, nun inmoble situado xusto diante da casa consistorial, e xerou a alarma entre os veciños pola súa céntrica ubicación.

O 112 alertou do lume ao GES de Becerreá e ao parque de bombeiros de Sarria. Finalmente, os propios veciños conseguiron sufocar cun extintor o lume, que provocou poucos danos. Os bombeiros do parque sarriano encargáronse de realizar medicións de temperatura e de verificar que non houbese risco de que se reavivasen as chamas.